13 feb 2011

ADIVIÑANDO CODIAS

Ás plantas tamén se poden identificar pola súa codia, é especialmente interesante para aquelas que posúen folla caduca. Propóñovos un reto, identificar as codias que aparecen na seguinte presentación, coma sempre a persoa que o adiviñe terá premio.

Só dou unha pista, tódalas codias saíron nalgún momento neste blog.

4 comentarios:

  1. Se non me equivoco A 1º é eucalyptus marginata, o 2º: Eucalyptus citriodora o 3ºilex aquifolium, o 4ºtaxus baccata o 5ºBetula alba e o 6ºSambucus nigra

    Pode ser? tiña dúbidas nos eucaliptos

    ResponderEliminar
  2. silvia alonso14/2/11, 20:43

    Mi madriña santi!!!!!que rapidez!!!!!!!!eu discrepo no de E.citriodora,penso que é E.globulus e o de S.nigra tampouco estou segura pois nesa foto parece pouco suberoso para ser desa especie.Igual estou nun erro,non sei

    ResponderEliminar
  3. Bueno eu intentoio asi jajaja e guiandome polo que vin no blogue, creo que non estou desencamiñado de todo

    ResponderEliminar
  4. Pois claro que non vas desencamiñado Santi, eres bo rastreador, xa falaremos do premio.
    Silvia ti sempre estas a piques de conseguilo espero que para a próxima o consigas.O E.citriodora ten a codia moi similar a un platano, se fora E.globulus o máis probable é que quedaran restos de codia no tronco. O S.nigra é un exemplar noviño e non está moi agretado; pero é o tamaño máis habitual que podemos atopar.

    ResponderEliminar