24 nov 2009

E ISTO, QUE É?

As especies foráneas colonizan as nosas hortas. Esta aínda non fixo estragos; pero sabes de que especie se trata?. O que o acerte leva un premio.

19 nov 2009

A CASTAÑA

Dise que os Romanos distribuiron por Europa o Castiñeiro e mediante cultivos lograron aumentar as poboacións.

A castaña foi a base da alimentación tradicional, ocupando un lugar destacado, como o pode ocupar hoxe en día a pataca.

O magosto era a festa de agradecemento pola colleita que brindada a terra, festa que coincidía coa recollida das castañas e que se segue a celebrar.

O castiñeiro sofre unha grave enfermidade coñecida coma tinta do castiñeiro, provocada por un fungo que o acaba matando e está minguando as poboacións principalmente nas zonas costeiras.

Un aproveitamento da castaña que ten proxección internacional é o marrón glacé, se queres saber algo máis: http://www.youtube.com/watch?v=1UKdE_GjgJw

17 nov 2009

CULTIVANDO PLEUROTUS OSTREATUS

O saprofitismo baséase nunha relación de aproveitamento da materia orgánica en descomposición por parte do fungo. Exemplos desta forma de vida son o caso do Pleurotus ostreatus, que introduce as súas hifas nas células mortas da materia que se está descompoñendo e absorve o seu contido. Neste caso o fungo non fai ningún mal á pranta, xa que entra no momento en que esta morta.

Os fungos saprófitos, son os grandes aliados da natureza xa que se encargan de descompoñer a materia orgánica que se acumula no monte en formas máis sinxelas para que sexan de fácil absorción.

16 nov 2009

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

Iste ano non puido ser, estábamos tod@s con moitas gañas de buscar cogomelos; pero o tempo non axudou. Outro ano será.
Menos mal que o Luís P. Román se lembrou de nós e eiqui estamos con aires de Chantada (que de ahí veñen os cogomelos) e coa exposición montada.



15 nov 2009

XANZÁ

Moitos preguntaranse de onde saíu o nome de xanzá, é unha danza, un cogomelo,...?

Pois é unha herbácea, que de seguro non atoparedes por Tomiño e chámase Gentiana lutea subsp. aurantiaca, vulgarmente coñecida coma Xanzá en galego e Genciana en castelán.

Ésta foi atopada nos Ancares lucenses, nun sitio que non volo digo pero dou pistas: está a máis de 1000 m de altitude e perto hai un porto moi coñecido. Florece en xuño-agosto