31 ene 2011

ANO INTERNACIONAL dos BOSQUES

Este ano nos blogs: O Papasol e O Toxo verde, ámbolos dous do IES de Tomiño, lembrábannos que o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques. As dúas blogueiras fixeron moi ben en lembrárnolo e vós o alumnado de forestais, tedes que ser moi conscientes do que iso significa.

O ano internacional dos bosques, ten que ir máis alá dunha mera celebración, a protección dos bosques ten que ser un estilo ou unha filosofía de vida para vós, non o podedes illar dos estudos que agora estades a facer. Tedes que ser o exemplo a seguir e sentirvos orgullosos diso.

No monte, que a CMVMC de Tomiño nos cedeu para a súa ordenación, tedes un exemplo moi claro do que significa para moita xente o monte: un vertedoiro, o lugar onde cada quen pode tirar o que se lle antolle pois a nai natureza todo o envolve, camufla e fai que desapareza, e ... en certo modo é así, tan sabia é, que intenta desintegrar todo o que a ela chega e facer materia orgánica con iso; pero non da a basto, é moito o que lle botamos e coma cada vez esta todo máis contaminado e hai máis incendios, vai diminuíndo a diversidade e cando non hai biodiversidade tampouco haberá microorganismos que descompoñan os nosos refugallos. Todo está enlazado.


Cando vos mando limpar o monte no que estamos a traballar, non é un castigo, xa sei que vós non emporcades. O tedes que ver coma un elemento discordante que convén eliminar.

Tamén o 2011, a partir de agosto, é o ano internacional da xuventude, así que xuventude o monte está ahí para vós e vós tedes que estar para el.

26 ene 2011

ESTEIRO DO MIÑO con ANABAM

Hoxe fixo un día de sol, destes días fermosos de inverno, onde a luz é máis clara e o sol penetra nas entrañas para darte enerxía.

Hoxe fomos a ver paxaros e vaia se vimos uns cantos.
Acompañounos Agustín de Anabam, que de xeito moi didáctico dounos varios consellos para diferenciar anátidas, limícolas, zancudas e outras aves costeiras e con eses telescopios tan marabillosos que teñen as vimos á perfección. Tamén organizou un concurso entre os de primeiro e segundo de forestais, penso que houbo empate, non si? As profas estamos moi agradecidas por este día.

E para lembrar unha mostra do que vimos na aula que teñen na Escola da pasaxe, preto o ferri e os paxaros do Esteiro. Inda que as fotos non saíron moi ben.

24 ene 2011

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE G.M e G.S.

No DOG do día 20 de xaneiro, publicouse a Resolución pola que se convocan de xeito ordinario as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior, para o curso 2011.

Na seguinte documentación podedes consultar o modo de acceso ou tamen na páxina web www.edu.xunta.es/fp a información relativa ao proceso.

3 ene 2011

XOGOS PARA EMPEZALO ANO 2011

Agora ata estudar é fácil, atópanse en internet xogos tan divertidos coma este: XOGO DE RECOÑECEMENTO DE PAXAROS.
Nesta páxina podedes pasar un rato divertido recoñecendo aves, hai distintos niveis de dificultade: principiantes, avanzados e expertos, para que cada quen elixa segundo estea capacitado.

A páxina web www.asturnatura.com, tamén ofrece "visu on line", para que vaiades practicando para os examens.