25 feb 2011

A SERRA DO GALIÑEIRO

A Serra do Galiñeiro é nosa e cando digo nosa é porque é de todos nós e todos podemos gozar dela, tamén todos temos a obriga moral de defendela.

O pasado domingo fíxose unha marcha para protestar, xa que coma moi ben sabedes, quérennos colocar uns eólicos no seu cumio. A pesar de facer moi mal tempo, o pobo deixou presente o seu malestar indo a escalar ao seu cumio. Por un día o Galiñeiro foi unha festa, o monte encheuse do colorido dos paraugas e chuvasqueiros, foron nen@s , vell@s, ciclistas e xente a cabalo,....as súas faldas foron docemente arroupadas para poder protexelas dunhas cabezas pouco pensantes e sen escrúpulos.

Neste enlace: Galiñeiro, podedes ver unhas fotos marabillosas dese día, feitas por Ignacio Oliveira.

O Galiñeiro posúe un encanto natural e é un referente para os vigueses e a súa comarca, ademais nas súas rochas están gravadas as pegadas dos nosos antergos. Estamos tan tolos que todo iso prima máis cuns megavatios de enerxía?

As protestas continúan, en Baiona este venres van facer uns concertos solidarios, neste cartel tedes as distintas actividades que organizan.

Déixovos con este informe sobre a Serra do Galiñeiro.

16 feb 2011

PLANTANDO ÁRBORES

Hoxe quero presentarvos o blog dunha colega de profesión e amiga, que anda por outras terras; pero facendo máis ou menos o mesmo que no Baixo Miño.

O blog é Plantando árbores, e é moi interesante. Agora mesmo acabo de ver unha reportaxe titulada A NOVA ALDEA, onde fala da vida dunhas cantas persoas que decidiron gañarse e vivir a vida no campo en consonancia coa natureza, e vaia se viven ben. Que envexa me dan!!!

Unha curiosidade Eloi (o que sae ao principio da reportaxe) é o irmá de Tito (profesor neste centro dende que empezou o ciclo ata o ano pasado), dende aquí mándoche saúdos, contamos contigo para que nos veñas a falar das abellas.

13 feb 2011

ADIVIÑANDO CODIAS

Ás plantas tamén se poden identificar pola súa codia, é especialmente interesante para aquelas que posúen folla caduca. Propóñovos un reto, identificar as codias que aparecen na seguinte presentación, coma sempre a persoa que o adiviñe terá premio.

Só dou unha pista, tódalas codias saíron nalgún momento neste blog.

9 feb 2011

AS RAÍCES: O CEREBRO DAS PRANTAS?

Eduardo Punset preséntanos, neste programa de Redes, ao botánico Stefano Mancuso, director do Laboratorio Internacional de Neurobioloxía Vexetal, na Universidade de Florencia, descóbrenos os segredos e o poder das plantas e canda menos obríganos a reflexionar.

As raíces, a intelixencia das prantas

Que as plantas se moven, hoxe en día non temos ningunha dúbida, é o que se coñece por fototropismo e é o movemento das prantas en función da luz, debido a que existe un crecemento diferente nos dous lados da planta. Se as células dun lado divídense máis rapidamente que as do lado oposto, esa parte empezará a xerar unha especie de cóbado que acabará virando á planta enteira.

Nestas grabacións a cámara rápida, pódese observar.

6 feb 2011

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Presentóvos a curtametraxe A flor máis grande do mundo, sobran as verbas.