19 dic 2009

PELUSEROS

Só unha familia na Sierra de Cazorla adícase á recolección do líquen dos piñeiros, chamado pelusa (eiqui barbas de vello), os que a recollen chámaselles peluseros. Esta é unha actividade dura, que require permanecer durante semanas no bosque subindo polos troncos dos piñeiros para recoller os líquenes adheridos ás súas polas. Unha vez recollidos, prénsanse e agrúpanse en alpacas para o seu transporte e venda.


Os Liquens son unha simbiose entre alga e fungo, o fungo aporta auga e sales minerais e a alga realiza a fotosíntese. Os liques son indicadores da contaminación atmosférica, pois son moi sensibles aos fosfatos e nitratos.
Empréganse para a elaboración dalgúns fármacos, e en cosmética como estabilizadores dos perfumes.

14 dic 2009

ADICATORIA

Xa fai uns días que Goretti, deixou o noso centro e como tamén deixou pouso en nós.........esta entrada é para ela: Sultans of Swing, un tema de Mark Knopfler (Dire Straits) con guitarra española.

http://www.youtube.com/watch?v=OcdrVidwmPY

Que o disfrutes e sorte en todo o que emprendas.

11 dic 2009

NEGOCIOS ÉTICOS e RESPONSABLES

A participación do alumnado no blog empeza a notarse, Alvaro tráenos unha noticia de actualidade e interese.



Aqui podemos ver un modelo de xestión e explotación forestal de xeito sostible. A empresa agroforestal Maderas Nobles de la Sierra de Segura , leva unha década adicada á producción sostible e ecolóxica de madeiras de alto valor (nogueiras, castiñeiros...), á restauración de bosque autóctono e a loitar contra a desertización, coa axuda das árbores. Conta co apoio e a confianza de máis de 4000 clientes. En Galicia a CMVMC de Vincios ten unha parcela de 3 Ha na falda do monte Galiñeiro, que é coidada durante o seu crecemento segundo criterios de agricultura natural e unha vez rematado o seu ciclo productivo a empresa encargase da tala, desarraigo e venta da madeira,obtendo o cliente un 90% do importe total da venta.

Esperemos que este tipo de empresas sexa o futuro!!!!

4 dic 2009

IMOS A LUXEMBURGO?

A Europea-International organiza diversas competicións. As programadas por
agora son a “vitivinícola” a realizar en Hungría, do 22 ao 27 de marzo
2010 e a “forestal”, a realizar en Luxemburgo do 25 ao 29 de maio 2010.
Da “forestal”, podedes consultar na Web:

http://ecfs-2010.mysite.lu/

2 dic 2009

MAQUINARIA FORESTAL

Neste vídeo podedes ver como traballa un tractor forestal de alta estabilidade, unha procesadora, un autocargador e un skkider.

O tractor todoterreo de alta estabilidade (T.T.A.E.), está dotado dun sistema de nivelación automático que mantén o nivel que elixa o operario. Os que desenvolveron esta máquina son españois e é fabricada por unha empresa do grupo ENCE: TECFORM.

A procesadora ou colleitadora forestal, co cabezal colleitador realizando as operacións de apeado, procesado e apilado da madeira.

O autocargador dispón dun guindastre hidráulico que recolle as trozas e vainas depositando sobre a caixa de carga.

O skkider ou tractor de arrastre transportando árbores enteiras mediante un cabestrante.