11 nov 2010

ADIVIÑANZA

Esta é a primeira adiviñanza deste curso. Imos empezar por unha fácil, fixádevos ben na flor pertence a unha familia de plantas moi coñecida e moi común.

Esta planta empregase en cosmética para hidratar e suavizar a pel e ademais ten propiedades medicinais e homeopáticas.

Na Universidade de Santiago están facendo un proxecto sobre o cultivo desta planta para evitar a explotación das poboacións naturais existentes en Galicia.

E xa non digo máis, que se non volo digo todo. Por certo, a persoa que o adiviñe ten recompensa.

6 comentarios:

  1. Eu creo que é a Arnica montana, e senón e do mesmo xénero case seguro. Ala, e o que ten sair antes de clase jojojojo.

    ResponderEliminar
  2. Eu opino o mesmo que Álvaro!!!E tampouco atopei se era outra especie.

    ResponderEliminar
  3. Vaia, que rápidos!, pensei que ía dar máis problemas; pero xa vexo que o resolvestes moi ben ámbolos dous. O luns digo cal é a recompensa.
    E para os que queirades saber algo máis desta especie ir a http://es.wikipedia.org/wiki/Arnica_montana

    ResponderEliminar
  4. ooome ti parece mentira que non o sepas, eu fixen un master en búsqueda de información na rede.

    ResponderEliminar
  5. Eu ao principio pensei nun dente de león e xa atopara a resposta e atopome que xa esta contestada, que rapidos carallo xD

    ResponderEliminar
  6. Non esperaba menos de ti Álvaro, só che falta vir máis esperto pola mañá, porque o master para buscar información na rede quítache moitas horas de sono.
    Santi o Dente de león, ten a flor con moitos máis pétalos e logo as follas nacen da parte basal da planta en forma de roseta, aínda que tamén é mediciñal. Este é o enlace da planta http://es.wikipedia.org/wiki/Taraxacum_officinale. Polo menos é voa cousa que adiviñaras que pertence á familia das compostas

    ResponderEliminar