19 dic 2009

PELUSEROS

Só unha familia na Sierra de Cazorla adícase á recolección do líquen dos piñeiros, chamado pelusa (eiqui barbas de vello), os que a recollen chámaselles peluseros. Esta é unha actividade dura, que require permanecer durante semanas no bosque subindo polos troncos dos piñeiros para recoller os líquenes adheridos ás súas polas. Unha vez recollidos, prénsanse e agrúpanse en alpacas para o seu transporte e venda.


Os Liquens son unha simbiose entre alga e fungo, o fungo aporta auga e sales minerais e a alga realiza a fotosíntese. Os liques son indicadores da contaminación atmosférica, pois son moi sensibles aos fosfatos e nitratos.
Empréganse para a elaboración dalgúns fármacos, e en cosmética como estabilizadores dos perfumes.

1 comentario:

  1. Interesante a túa aportación,Alvaro. Así podemos coñecer outro aproveitamento sostible do monte.

    ResponderEliminar