Ben, aquí estamos, xa rematando e comezando unha nova andaina. Deséxovos moita sorte a todos, en tódolos aspectos.
24 mar 2013
CEA FIN DE CURSO
Ben, aquí estamos, xa rematando e comezando unha nova andaina. Deséxovos moita sorte a todos, en tódolos aspectos.
13 mar 2013
ÁRBORES SENLLEIRAS


Hoxe estiveron impartindo unha charla sobre este tema tan marabilloso e aproximándonos ao mundo das árbores senlleiras. Se queredes máis información podes mergullarte eiquí.
Dita exposición foi realizada por: BEGOÑA DÁVILA Ex alumna CM Traballos Forestais Conservación do Medio Natural do IES de Tomiño e ANDRÉS POSE Profesor e Coordinador do EDLG do CIFP A Granxa.
O grupo ecoloxista ANABAM tamén está traballando neste tema e na súa páxina fan referencia a árbores extraordinarios da nosa contorna.
O grupo ecoloxista ANABAM tamén está traballando neste tema e na súa páxina fan referencia a árbores extraordinarios da nosa contorna.
5 mar 2013
ASTILLADORA FORESTAL
Alumnado probando a astilladora forestal |
Estamos de estreno, probando a astilladora. A idea é que os restos de poda e desrrame das árbores apeadas se incorporen máis rapidamente ao solo, reducindo así o tamaño da materia para a producción de biomasa forestal.
No mercado podemos atopar astilladoras e trituradoras. Dependendo do material que teñamos e o uso que se vaia dar á biomasa obtida empregaremos unha ou outra.
TRITURADORAS: Trátase
de máquinas deseñadas para reducir o tamaño de materiais non moi duros, aos que
atacan por impacto de pezas metálicas, a miúdo móbiles (martelos ou dentes
articulados).
Teñen maior
tolerancia que as astilladoras a materiais sucios, con area ou pequenas pedras
e o mantemento é menor que nas astilladoras.
Como inconveniente
o material producido non é apto para o seu consumo directo en determinadas
caldeiras de combustión. Ademais os consumos e os custes destas máquinas son
maiores.
ASTILLADORAS: Son
máquinas que están deseñadas para o ataque de materiais brandos, xeralmente
árbores reducindo o tamaño das partículas mediante un mecanismo de corte con
coitelas. As coitelas móntanse sobre elementos rotatorios que xiran a velocidades
altas.
As astilladoras proporcionan
a máxima calidade de astilla, sen embargo teñen pouca tolerancia á presenza de
pedras na biomasa tratada, as avarías por mor diso poden ser moi graves.
As astilladoras
poden ser de disco ou de tambor. Para un aproveitamento industrial, con maior
capacidade e rendemento empréganse as de tambor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)