
A campaña Madeira Xusta puxo en marcha o
"I Concurso de Fotografía Dixital MADEIRA XUSTA", no que a súa temática xeral son os bosques e o sector da madeira, e en particular aspectos relacionados co desenvolvemento sostible, a biodiversidade ou o impacto ambiental. Os participantes, profesionais ou afeccionados á fotografía, poderán presentar os seus traballos ata o próximo 20 de outubro.
Os participantes poderán presentar ata un máximo de tres imaxes, en cor ou branco e negro, en formato dixital JPG, cunha resolución mínima de 300pp e un peso máximo por arquivo de 3MB. As fotografías deberán enviarse exclusivamente por correo electrónico á dirección info@maderajusta.org indicando no asunto "I Concurso de Fotografía Dixital MADEIRA XUSTA".
As obras seleccionadas serán expostas o próximo mes de novembro en Biocultura 2010, a feira nacional máis importante de produtos ecolóxicos e consumo responsable. Ademais, o autor da mellor fotografía recibirá como premio unha cesta con derivados forestais con certificado FSC e de Comercio Xusto.
Bases completas
eiqui