O pasado 28 de xaneiro o alumnado do Ciclo Medio de Forestais e os do PCPI fixemos unha visita a aula de natureza do viveiro de Areas, a antiga casa que ata fai uns poucos anos estaba habitaba por un axente forestal, agora esta reconvertida nun aula de natureza. Nesta tarefa acompañounos o axente forestal Manuel. Logo saímos ao exterior para velo viveiro e disfrutar das explicacións e enerxía do axente forestal Antonio, amigo noso e gran colaborador do ciclo dende fai uns anos.
19 ene 2010
PAXARIÑOS POR EIQUI
A asociación naturalista Anabam, situada en A Guarda, encargase entre outras actividades, de facer saídas para observar e censar aves. Asociarse ao grupo pode axudarnos e facilitar a identificación destes cantores do lusco e o fusco.
O equipo necesario para a identificación de especies son: uns prismáticos, unha boa guía de paxaros e por suposto ter interese e gañas de disfrutar dun día na natureza. Hai xente que tamén di que se necesita moita paciencia.
Na elección de prismáticos é interesante saber que veñen marcados por un número, seguido do signo X e outro número. O primeiro número refírese ao aumento, é dicir, o número de veces que se aumenta a imaxe; o segundo é o tamaño do obxetivo en mm, é dicir, a apertura que nos indica a cantidade de luz que entra nos prismáticos. Unha boa luz fai que vexamos as cores e detalles máis claramente.
Para a observación xeral de aves, os aumentos recomendables son 7x , 8x e 9x e a apertura de 40 e 50 mm. Podes ter máis información aquí
3 ene 2010
DIVERSIDADE BIOLÓXICA
O ano 2010 foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, como o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, debido á alarmante perda de biodiversidade que sofre o noso planeta.
A biodiversidade é a resultante da diversidade biolóxica e dos ecosistemas existentes nunha determinada zona.
Hai unha interdependencia moi estreita entre os seres vivos e o seu hábitat, polo tanto, se as especies están adaptadas a un medio e éste o modificamos, os seres vivos que viven nese medio non son quen de adaptarse en tan pouco tempo ás novas condicións e ... desaparecen. A perda da biodiversidade pode carrexar a nosa desaparición como especie.

Hai unha interdependencia moi estreita entre os seres vivos e o seu hábitat, polo tanto, se as especies están adaptadas a un medio e éste o modificamos, os seres vivos que viven nese medio non son quen de adaptarse en tan pouco tempo ás novas condicións e ... desaparecen. A perda da biodiversidade pode carrexar a nosa desaparición como especie.
A rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os hábitats máis ameazados de Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)