Algunhas das que mostro teñen unha cor de outono, haber que tal rastreadores sodes.
23 mar 2011
ADIVIÑANZA
Algunhas das que mostro teñen unha cor de outono, haber que tal rastreadores sodes.
17 mar 2011
AGRICULTURA ECOLÓXICA
Hoxe preséntovos o blogue de Pilar e Eloi Agricultores ecolóxicos que saian nese vídeo e agora teñen un espazo para irnos contando as cousas que van acontecendo pola súa empresa.
9 mar 2011
HORA DO PLANETA 2011
Hai xestos, como o aforro de enerxía, que son importantes. O próximo sábado 26 de marzo, ás 20:30 milleiros de persoas de todo o mundo unirémonos nun xesto simbólico: apagar a luz durante unha hora. Será unha forma de demostrar aos gobernos que temos un compromiso a favor do medio ambiente.
WWF tamén organizou a primeira edición do concurso Músicos polo Planeta e parece ser que foi un éxito. As cancións tiñan un denominador común: o coidado da natureza. WWF elixiu como canción gañadora "La Tierra no nos pertenece" do grupo Os Sundayers. Déixovos con eles:
25 feb 2011
A SERRA DO GALIÑEIRO
fíxose unha marcha para protestar, xa que coma moi ben sabedes, quérennos colocar uns eólicos no seu cumio. A pesar de facer moi mal tempo, o pobo deixou presente o seu malestar indo a escalar ao seu cumio. Por un día o Galiñeiro foi unha festa, o monte encheuse do colorido dos paraugas e chuvasqueiros, foron nen@s , vell@s, ciclistas e xente a cabalo,....as súas faldas foron docemente arroupadas para poder protexelas dunhas cabezas pouco pensantes e sen escrúpulos.Neste enlace: Galiñeiro, podedes ver unhas fotos marabillosas dese día, feitas por Ignacio Oliveira.
O Galiñeiro posúe un encanto natural e é un referente para os vigueses e a súa comarca, ademais nas súas rochas están gravadas as pegadas dos nosos antergos. Estamos tan tolos que todo iso prima máis cuns megavatios de enerxía?
Déixovos con este informe sobre a Serra do Galiñeiro.
16 feb 2011
PLANTANDO ÁRBORES
Unha curiosidade Eloi (o que sae ao principio da reportaxe) é o irmá de Tito (profesor neste centro dende que empezou o ciclo ata o ano pasado), dende aquí mándoche saúdos, contamos contigo para que nos veñas a falar das abellas.
13 feb 2011
ADIVIÑANDO CODIAS
9 feb 2011
AS RAÍCES: O CEREBRO DAS PRANTAS?
Eduardo Punset preséntanos, neste programa de Redes, ao botánico Stefano Mancuso, director do Laboratorio Internacional de Neurobioloxía Vexetal, na Universidade de Florencia, descóbrenos os segredos e o poder das plantas e canda menos obríganos a reflexionar.
As raíces, a intelixencia das prantas
Que as plantas se moven, hoxe en día non temos ningunha dúbida, é o que se coñece por fototropismo e é o movemento das prantas en función da luz, debido a que existe un crecemento diferente nos dous lados da planta. Se as células dun lado divídense máis rapidamente que as do lado oposto, esa parte empezará a xerar unha especie de cóbado que acabará virando á planta enteira.
Nestas grabacións a cámara rápida, pódese observar.
6 feb 2011
31 ene 2011
ANO INTERNACIONAL dos BOSQUES
O ano internacional dos bosques, ten que ir máis alá dunha mera celebración, a protección dos bosques ten que ser un estilo ou unha filosofía de vida para vós, non o podedes illar dos estudos que agora estades a facer. Tedes que ser o exemplo a seguir e sentirvos orgullosos diso.
No monte, que a CMVMC de Tomiño nos cedeu para a súa ordenación, tedes un ex

Cando vos mando limpar o monte no que estamos a traballar, non é un castigo, xa sei que vós non emporcades. O tedes que ver coma un elemento discordante que convén eliminar.
Tamén o 2011, a partir de agosto, é o ano internacional da xuventude, así que xuventude o monte está ahí para vós e vós tedes que estar para el.
26 ene 2011
ESTEIRO DO MIÑO con ANABAM
Acompañounos Agustín de Anabam, que de xeito moi didáctico dounos varios consellos para diferenciar anátidas, limícolas, zancudas e outras aves costeiras e con eses telescopios tan marabillosos que teñen as vimos á perfección. Tamén organizou un concurso entre os de primeiro e segundo de forestais, penso que houbo empate, non si? As profas estamos moi agradecidas por este día.
E para lembrar unha mostra do que vimos na aula que teñen na Escola da pasaxe, preto o ferri e os paxaros do Esteiro. Inda que as fotos non saíron moi ben.
