22 jun 2012
AXUDAS OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR CLASE B
30 abr 2012
PROBA DE ACCESO CICLO SUPERIOR
16 feb 2012
ADMITIDOS PROBA ACCESO C.S.
Para quen queira ver o listaxe ir a este enlace
4 dic 2011
CONCURSO FOTOGRÁFICO: ÁRBORES, PATRIMONIO VIVO
Para os fotógrafos e os que aínda non saben que o son, saíu un concurso de fotografía onde as protagonistas son as árbores.
O concurso de fotografía está convocado pola Delegación Institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, co apoio do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC) e a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC).
TEMA: O tema do certame son as árbores (exemplares illados ou conxuntos boscosos) que posúan un valor especial, entendendo este criterio como:
- árbores singulares polas súas características biolóxicas (grosor, altura, estado de saúde, rareza,…), pola súa situación ou enclave en condicións extremas, etc.
- árbores que poidan ter un valor relacionado con feitos históricos, tradicións populares, ritos, romarías, lendas ou simplemente anécdotas persoais.
As fotografías deberán ir acompañadas dun texto breve alusivo á imaxe. Crearase un Premio Especial Educabarrie (outorgado pola Fundación Barrié) para aquelas composicións (imaxe + texto) que sexan exemplo de respecto e convivencia entre humanos e árbores. O xurado deste premio será o público que poderá votar nesta categoría a través del Facebook.
Para saber máis: www.arbolespatrimoniovivo.es
Non vos durmades o prazo remata o 21 de decembro.
9 mar 2011
HORA DO PLANETA 2011
Hai xestos, como o aforro de enerxía, que son importantes. O próximo sábado 26 de marzo, ás 20:30 milleiros de persoas de todo o mundo unirémonos nun xesto simbólico: apagar a luz durante unha hora. Será unha forma de demostrar aos gobernos que temos un compromiso a favor do medio ambiente.
WWF tamén organizou a primeira edición do concurso Músicos polo Planeta e parece ser que foi un éxito. As cancións tiñan un denominador común: o coidado da natureza. WWF elixiu como canción gañadora "La Tierra no nos pertenece" do grupo Os Sundayers. Déixovos con eles:
24 ene 2011
PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE G.M e G.S.
Na seguinte documentación podedes consultar o modo de acceso ou tamen na páxina web www.edu.xunta.es/fp a información relativa ao proceso.
- Resolución de 11 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2011.
- Nota informativa sobre as probas de acceso.
- Calendario das probas de acceso de grao medio e superior.
18 oct 2010
VIVIR PARA VER
Fonte da nova eiqui
O peor de todo isto xa non é o despilfarro de cartos senón as árbores taladas que irán parar ao lixo, porque tres verbas con un nome e dous apelidos non son os axeitados.
e para recrear a vista:
3 oct 2010
I CONCURSO de FOTOGRAFÍA DIXITAL MADEIRA XUSTA
A campaña Madeira Xusta puxo en marcha o "I Concurso de Fotografía Dixital MADEIRA XUSTA", no que a súa temática xeral son os bosques e o sector da madeira, e en particular aspectos relacionados co desenvolvemento sostible, a biodiversidade ou o impacto ambiental. Os participantes, profesionais ou afeccionados á fotografía, poderán presentar os seus traballos ata o próximo 20 de outubro.Os participantes poderán presentar ata un máximo de tres imaxes, en cor ou branco e negro, en formato dixital JPG, cunha resolución mínima de 300pp e un peso máximo por arquivo de 3MB. As fotografías deberán enviarse exclusivamente por correo electrónico á dirección info@maderajusta.org indicando no asunto "I Concurso de Fotografía Dixital MADEIRA XUSTA".
Bases completas eiqui
27 may 2010
CHUVASQUEIRO FEITO de PATACA
mollarnos, coma pasou outro día no CUVI, agora xa podemos mercar un chuvasqueiro feito cun bioplástico de fécula de pataca, 100% biodegradable.O curioso deste chuvasqueiro é que leva incorporadas sementes da flora mediterránea, entón unha vez que remata a súa vida útil ou se te esqueces del no monte esas sementes chegarían a xerminar, xa que están dentro dunha boliña de “Nendo Dango” técnica do “revolucionario de la brizna de paja” de Masanobu Fukuoka, que levan as sementes nunhas boliñas de arxila e ademais levan nutrientes e as protexen de ser comidas polos paxaros antes de xermolar.
Este invento, da consultora verde G4E!, que se adican ao ecodeseño, fabrica os chuvasqueiros en Ourense e presentou este proxecto nunha Feira Internacional de China da pequena e mediana Empresa (Cismef). O prezo é un pouco caro, 15 €, pero con elo estas contribuíndo a conservar a natureza.
Nova atopada por Puri.
13 mar 2010
NOVA ESPECIE DE COGOMELO EN TOMIÑO
O autor do descubrimento que é membro do grupo micolóxico galego, Xaime Blanco Dios, recolleu esta nova especie en montes do concello de Tomiño. O Sparassis miniensis (miniensis fai referencia ao río Miño) é morfolóxicamente distinto do resto das especies do xénero Sparassis, por presentar a ramificación dos lóbulos decaidos. Os datos moleculares de ADN tamén confirman a súa singularidade.