Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas

16 feb 2011

PLANTANDO ÁRBORES

Hoxe quero presentarvos o blog dunha colega de profesión e amiga, que anda por outras terras; pero facendo máis ou menos o mesmo que no Baixo Miño.

O blog é Plantando árbores, e é moi interesante. Agora mesmo acabo de ver unha reportaxe titulada A NOVA ALDEA, onde fala da vida dunhas cantas persoas que decidiron gañarse e vivir a vida no campo en consonancia coa natureza, e vaia se viven ben. Que envexa me dan!!!

Unha curiosidade Eloi (o que sae ao principio da reportaxe) é o irmá de Tito (profesor neste centro dende que empezou o ciclo ata o ano pasado), dende aquí mándoche saúdos, contamos contigo para que nos veñas a falar das abellas.

9 feb 2011

AS RAÍCES: O CEREBRO DAS PRANTAS?

Eduardo Punset preséntanos, neste programa de Redes, ao botánico Stefano Mancuso, director do Laboratorio Internacional de Neurobioloxía Vexetal, na Universidade de Florencia, descóbrenos os segredos e o poder das plantas e canda menos obríganos a reflexionar.

As raíces, a intelixencia das prantas

Que as plantas se moven, hoxe en día non temos ningunha dúbida, é o que se coñece por fototropismo e é o movemento das prantas en función da luz, debido a que existe un crecemento diferente nos dous lados da planta. Se as células dun lado divídense máis rapidamente que as do lado oposto, esa parte empezará a xerar unha especie de cóbado que acabará virando á planta enteira.

Nestas grabacións a cámara rápida, pódese observar.