Mostrando entradas con la etiqueta aviso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aviso. Mostrar todas las entradas
22 jun 2012
AXUDAS OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR CLASE B
AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN CLASE B
(Orde do 4 de maio de 2012, DOG 91 de 14 de maio de 2012)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120514/AnuncioCA05-090512-0001_gl.pdf
24 ene 2011
PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE G.M e G.S.
No DOG do día 20 de xaneiro, publicouse a Resolución pola que se convocan de xeito ordinario as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior, para o curso 2011.
Na seguinte documentación podedes consultar o modo de acceso ou tamen na páxina web www.edu.xunta.es/fp a información relativa ao proceso.
Na seguinte documentación podedes consultar o modo de acceso ou tamen na páxina web www.edu.xunta.es/fp a información relativa ao proceso.
- Resolución de 11 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2011.
- Nota informativa sobre as probas de acceso.
- Calendario das probas de acceso de grao medio e superior.
3 oct 2010
I CONCURSO de FOTOGRAFÍA DIXITAL MADEIRA XUSTA
A campaña Madeira Xusta puxo en marcha o "I Concurso de Fotografía Dixital MADEIRA XUSTA", no que a súa temática xeral son os bosques e o sector da madeira, e en particular aspectos relacionados co desenvolvemento sostible, a biodiversidade ou o impacto ambiental. Os participantes, profesionais ou afeccionados á fotografía, poderán presentar os seus traballos ata o próximo 20 de outubro.Os participantes poderán presentar ata un máximo de tres imaxes, en cor ou branco e negro, en formato dixital JPG, cunha resolución mínima de 300pp e un peso máximo por arquivo de 3MB. As fotografías deberán enviarse exclusivamente por correo electrónico á dirección info@maderajusta.org indicando no asunto "I Concurso de Fotografía Dixital MADEIRA XUSTA".
As obras seleccionadas serán expostas o próximo mes de novembro en Biocultura 2010, a feira nacional máis importante de produtos ecolóxicos e consumo responsable. Ademais, o autor da mellor fotografía recibirá como premio unha cesta con derivados forestais con certificado FSC e de Comercio Xusto.
Bases completas eiqui
Bases completas eiqui
Etiquetas:
aproveitamento madeira,
aviso,
defensa do medio,
novas,
sustentable
16 sept 2010
PRESENTACIÓN CURSO
A presentación do curso deste ano ao final queda para o día 24 de setembro de 11 a 12 horas.
9 sept 2010
INICIO CURSO 2010-2011
O verán xa está a piques de rematar, de feito o inicio do curso está previsto preto do Equinoccio de outono. O día 21 de setembro voltamos ás aulas. Supoño que estaredes con moitas gañas de traballar, de estudar, de comentar as vosas experiencias do verán e por suposto de empezar o curso con moita enerxía, dentro de pouco xa estaremos ás voltas cos cogomelos e saboreando o outono.
Estade de tódolos xeitos atentos, pois sempre pode haber cambios de última hora.
7 mar 2010
REINICIO ACTIVIDADES LECTIVAS
Co visto bo da Unidade Técnica da Consellería, o IES de Tomiño reinicia as actividades lectivas normais o luns 8 de marzo ás 9:00h
2 mar 2010
DE NOVO SEN CLASE
Comunicado do Equipo directivo do IES de Tomiño: "Por orde da Unidade Técnica suspénedense indefinidamente os cursos convocados de Ciclos, PCPI e 2º de Bacharelato no IES de Tomiño ata nova orde. O edificio non presenta as condicións de seguridade mínimas para as actividades lectivas.
Polo tanto, non hai nungún curso con actividades lectivas neste momento."
Polo tanto, non hai nungún curso con actividades lectivas neste momento."
MÉRCORES, DÍA 3, VOLTAMOS A CLASE
O Equipo Directivo do centro informa: "Reanúdanse as actividades lectivas de 2º de Bacharelato, Ciclos formativos de Electrónica e Forestais e PCPI (Programa de Cualificación Profesional) a partir do mércores 3 de marzo".
28 feb 2010
MAÑÁ NON HAI CLASE
Pois si o Xynthia, en Tomiño causou estragos, parece ser que a cuberta do IES non quedou ben parada.
Non quero nin pensar coma estará o invernadoiro!!!!!!
Temos que ir pensando que tipo de plástico iria ben para o noso. Admítense propostas.
Non quero nin pensar coma estará o invernadoiro!!!!!!
Temos que ir pensando que tipo de plástico iria ben para o noso. Admítense propostas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)