| Alumnado probando a astilladora forestal |
5 mar 2013
ASTILLADORA FORESTAL
7 dic 2012
CURSO de CESTERÍA
Inda que aquí en Galicia, empréganse materiais moi diversos, dereitos e sen nós, como: castiñeiro, carballo, sanguiño, cerdeira, xesta, silva, codeso, colmo (palla de centeo, avea ou trigo), xuncos, follas de millo...
Móstranse unhas fotos do evento:
6 nov 2012
VISITA Á COMUNIDADE DE MONTES DE LANTAÑO E AO TECOR DE PORTAS
22 jun 2012
AXUDAS OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR CLASE B
30 abr 2012
PROBA DE ACCESO CICLO SUPERIOR
16 feb 2012
ADMITIDOS PROBA ACCESO C.S.
Para quen queira ver o listaxe ir a este enlace
14 feb 2012
VISU
Mike Oldfield -
4 dic 2011
CONCURSO FOTOGRÁFICO: ÁRBORES, PATRIMONIO VIVO
Para os fotógrafos e os que aínda non saben que o son, saíu un concurso de fotografía onde as protagonistas son as árbores.
O concurso de fotografía está convocado pola Delegación Institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, co apoio do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC) e a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC).
TEMA: O tema do certame son as árbores (exemplares illados ou conxuntos boscosos) que posúan un valor especial, entendendo este criterio como:
- árbores singulares polas súas características biolóxicas (grosor, altura, estado de saúde, rareza,…), pola súa situación ou enclave en condicións extremas, etc.
- árbores que poidan ter un valor relacionado con feitos históricos, tradicións populares, ritos, romarías, lendas ou simplemente anécdotas persoais.
As fotografías deberán ir acompañadas dun texto breve alusivo á imaxe. Crearase un Premio Especial Educabarrie (outorgado pola Fundación Barrié) para aquelas composicións (imaxe + texto) que sexan exemplo de respecto e convivencia entre humanos e árbores. O xurado deste premio será o público que poderá votar nesta categoría a través del Facebook.
Para saber máis: www.arbolespatrimoniovivo.es
Non vos durmades o prazo remata o 21 de decembro.
5 oct 2011
TROCO DE SEMENTES
Neste encontro impartirase unha charla sobor "Extratexias legais das administracións para o control das sementes labregas" por parte de CARMEN FREIRE (Labrega e Secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego)Para máis información
Os agricultores, tradicionalmente, non diferenciaban o grao da semente, pois o que se colectaba unha parte se destinaba a gardalo como alimento e outra parte (polo xeral os graos de mellor aspecto) gardábanse para sementalos ao ano seguinte, eran sementes que o propio agricultor ía seleccionando, mellorando a especie ou variedade, ademais favorecíase a adaptación aos diferentes medios. O intercambio de sementes era habitual polo que a economía non se resentía nese aspecto.
Agora as tornas son outras, cada vez somos máis dependentes das multinacionais en canto sementes, se necesitamos sementar calquera das hortalizas ou legumes que habitualmente comemos nas nosas casas imos á tenda e alí eliximos tal ou cal variedade, isto é debido a que o comercio de sementes foi regulado por diferentes normativas de sementes, reservando así o mercado ás grandes empresas.
Estas corporacións exercen unha labor de persuasión sobre a administración establecendo limitacións na produción de sementes a través dos sistemas de protección de melloras vexetais e a lei de patentes. Deste xeito obtense especies nun principio máis produtivas ou máis resistentes ás pragas ou enfermidades; pero máis vulnerables aos cambios, máis dependentes de fitosanitarios ademais de minguar a diversidade xenética e polo tanto á diversidade de alimentos, que levou tantos anos de selección natural!!!!
Con isto perdemos os recursos naturais e os labregos son os grandes prexudicados. É o noso deber revalorizar os coñecementos tradicionais en canto conservación e intercambio de sementes e fomentar a reprodución de sementes para cultivo ecolóxico e iso....depende de ti e de min.