No blogue do IES de Arzúa teñen dúas presentacións do centro SEMFOR, realizada por alumnado dese centro que ben merece lle votedes unha ollada:
Sequeiro Semfor de Carballo,
Traballo centro Semfor
Hoxe preséntovos o blogue de Pilar e Eloi Agricultores ecolóxicos que saian nese vídeo e agora teñen un espazo para irnos contando as cousas que van acontecendo pola súa empresa.
fíxose unha marcha para protestar, xa que coma moi ben sabedes, quérennos colocar uns eólicos no seu cumio. A pesar de facer moi mal tempo, o pobo deixou presente o seu malestar indo a escalar ao seu cumio. Por un día o Galiñeiro foi unha festa, o monte encheuse do colorido dos paraugas e chuvasqueiros, foron nen@s , vell@s, ciclistas e xente a cabalo,....as súas faldas foron docemente arroupadas para poder protexelas dunhas cabezas pouco pensantes e sen escrúpulos.Eduardo Punset preséntanos, neste programa de Redes, ao botánico Stefano Mancuso, director do Laboratorio Internacional de Neurobioloxía Vexetal, na Universidade de Florencia, descóbrenos os segredos e o poder das plantas e canda menos obríganos a reflexionar.
As raíces, a intelixencia das prantas
Que as plantas se moven, hoxe en día non temos ningunha dúbida, é o que se coñece por fototropismo e é o movemento das prantas en función da luz, debido a que existe un crecemento diferente nos dous lados da planta. Se as células dun lado divídense máis rapidamente que as do lado oposto, esa parte empezará a xerar unha especie de cóbado que acabará virando á planta enteira.
Nestas grabacións a cámara rápida, pódese observar.